25/2/15

Científicos galegos emigrados en Londres desenvolven unha nova tecnoloxía para impresoras 3D


"E ó caso do equipo que dirixe a investigadora compostelá Esther García-Tuñón Blanca no Imperial College de Londres , en Reino Unido, canda a outros 'exiliados' investigadores españois, que acaban de desarrollar unha novedosa investigación sobre unha nova tinta de grafeno para impresoras en 3D.
García-Tuñón, enxeñeira química, é o exemplo dunha investigadora formada con recursos galegos pero que tivo que saír ao estranxeiro para poder desenvolver as súas investigacións. Tivo bolsas da fundación Barrié, bolsas postdoctorais na USC e unha bolsa predoctoral “María Barbeito” da Consellería de Innovación da Xunta. Ademais, obtivo varios recoñecidos premios polas súas investigacións.
Agora, en Reino Unido lidera a outro equipo de investigadores “exiliados”  entre os que se atopan Adoitan Barg, Vitoria García Rocha, Eleonora D'elia, Eduardo Saiz Gutiérrez e Robert Maher. Con eles traballan outros investigadores da Universidade de Warwick e a Universidade de Bath, tamén en Reino Unido;  Francisco Guitián, da Universidade de Santiago de Compostela , e Jaime Franco, da empresa Keramat , situada no Poligono Novo Milladoiro da Coruña.
García-Tuñón e os seus compañeiros enfocaron a súa investigación cara a unha nova forma de producir grafeno que poida ser usado nunha impresora 3D  para crear estruturas tridimensionais.

 Para iso utilizaron grafeno químicamente modificado, óxido de grafeno (GO) e redución de óxido de grafeno (rGO), ao que engadiron unha minúscula cantidade dun polímero que é modificado mediante un 'interruptor químico', para conseguir unha pasta ou 'tinta' con base de auga.
O material resultante ten a consistencia adecuada para ser extruído a través dunha boquilla, do mesmo xeito que os procesos de impresión 3D de tipo FFF (fabricación por filamento fundido), e que se manteña na posición na que foi depositado, ademais de servir de soporte para as capas posteriores.

A técnica de crear estruturas tridimensionais a partir de materiais bidimensionales, como o grafeno, recibe o nome de impresión directa de tinta (DIW), tamén coñecida como impresión e ensamblado directo (DWA) ou 'Robocasting'.
O grafeno está a ser estudado en todos os ámbitos das tecnoloxías de fabricación. É carbono, igual que nun diamante ou no grafito dos nosos lapis, pero que en lugar de ter unha estrutura tridimensional, está en forma dunha retícula hexagonal bidimensional, do grosor dun só átomo.

 Este feito é o que lle dá as impresionantes características de dureza, flexibilidade, resistencia, transmisión de calor e electricidade entre outras. No entanto, isto tamén o limita á hora de facer estruturas tridimensionales que manteñan as súas características.
Os investigadores están xa traballando noutras formulacións  e desenvolvendo aplicacións concretas como dispositivos electrónicos flexibles, membranas para limpeza de verteduras de combustibles ou sensores de presión para a 'pel' de robots, así como buscando as posibles vías de comercialización do desenvolvemento."           (Galicia Confidencial, 17/02/2015)

No hay comentarios: