11/6/10

O Concello de Ferrol súmase á compra pública responsábel

(traductor gallego-español)

"Entre o 16 e o 18% do PIB da Unión Europea é gasto público. Que estes cartos, sufragados en primeira instancia pola cidadanía, sexan ben administrados social e ambientalmente é o obxectivo dunha campaña que lideran en Galiza os colectivos Amarante e Verdegaia. O Concello de Ferrol foi o último en aprobar a iniciativa nunha moción que recibiu o apoio de todos os grupos municipais no último pleno celebrado esta semana. Seguiu así os pasos de Ribadeo (outubro de 2009) e Boiro (xaneiro de 2010), que xa fixeran a súa aposta polo gasto responsábel.

A proposta parte da idea de que a compra pública pode ser unha ferramenta de transformación social moi importante: "supón mercar e contratar só o necesario e facelo ademais seguindo criterios éticos, sociais e ambientais; respecto das convencións da Organización Internacional de Traballadores, os dereitos humanos e laborais e os principios do comercio xusto; dar prioridade á economía social e a procura da máxima sustentabilidade ambiental". Co visto bo a esta moción, Ferrol comprométese a integrar estes principios nas súas compras e contratacións, a formar ao seu persoal administrativo nesa liña e a participar da futura Rede Galega de Compra Pública Responsábel." (Vieiros, 11/06/2010)

No hay comentarios: