5/5/10

Ken Loach sobe ao YouTube todos os seus filmes para podelos ver de balde

(traductor gallego-español)

"O cineasta inglés Ken Loach chegou a un acordo co portal de vídeos YouTube para pendurar a súa filmografía e que os usuarios a poidann ver de balde. Sixteen Films, a súa produtora, xestionou a canle KenLoachFilms onde xa se inclúen algúns dos títulos máis famosos.

O repaso pola súa filmografía parte de clásicos como Cathy Come Home -un docudrama de 1966 que retrata unha parella de mozas loitando contra a pobreza, o desemprego e a falta de vivenda- ou Kes (1970), elixida como a sétima mellor película británica.

Tamén se inclúen polo momento (cada semana haberá unha nova incorporación): Ae Fond Kiss (2004), 'Premio do Xurado' no Festival de Cine de Berlín; Hidden Agenda (1990), thriller político que gañou o 'Premio do Xurado' en Cannes; ou Riff Raff (1991), gañadora do mesmo premio e que reflicte a realidade da clase obreira no seu país." (Vieiros, 05/05/2010)

No hay comentarios: