24/11/09

Cooperativas de aldea... de productos ecológicos

(traductor gallego-español)

" #3 hai 16 horas e 9 minutos Geluka

Pois si, penso que ese é o problema: hai que ponher en valor o noso.
Traballando pola comarca do Carballinho, no concello do Irixo, tiven oportunidade de conhecer, na parroquia de Loureiro, a cooperativa co mesmo nome da aldea, Santa Mariña de Loureiro. Producen leite, iogurtes e queixo biolóxico, de máis está dicir o boísimos que están!.

Puden ver e comprobar cos meus propios ollos o que significou esa pequena cooperativa para a xente da aldea de Loureiro. As mulleres contáronmo, "A cooperativa salvou á aldea. Tod@s @s veciñ@s viven dela: de vendelo leite á cooperativa ou mesmo de traballar nela". Nesta ocasión a iniciativa foi do cura da aldea, nun local infrautilizado como hai moitos no rural.

Bendita iniciativa!, nunca mellor dito, e fermoso exemplo do que pode ser a Galiza si florecen e apoian iniciativas como estas. De non ser pola cooperativa, o lugar da parroquia de Loureiro estaría totalmente morto, sen poboación, sen gando, sen prados....imos deixar que ese sexa o futuro de Galiza??" (Comentario al artículo de Antonio Oca: Sorprendente discurso de Sarkozy. Vieiros, 23/11/2009)

No hay comentarios: