"Som Energía é a primeira cooperativa de enerxía renovable de Cataluña. O
modelo xa está moi desenvolvido e funcionando con éxito en países do
norte de Europa, como o Reino Unido, os Países Baixos, Bélxica e
Dinamarca.
Alí, centos de miles de propietarios son membros de
cooperativas sen ánimo de lucro que lles proporcionan enerxía verde
xerada por muíños eólicos, placas solares, plantas de biogás, etc.
Estes proxectos son demasiado custosos levalos a cabo individualmente, para a maioría de nós. O que Som Energía ofrece é a oportunidade, para miles de persoas que apoian a idea de subministrar enerxía á súa casa con electricidade xerada localmente, de xeito limpo e sostible, de unirse para que isto sexa posible.

Como funciona?
Como cooperativa sen ánimo de lucro Som Energía comeza a vender enerxía
verde dende fontes existentes en outubro de 2011. É enerxía comprada
dende o mercado e vendida aos nosos socios e socias.
Namentres, desenvolveremos os nosos propios proxectos de enerxía renovable rendibles para producir enerxía para os nosos membros.
Isto permite utilizar enerxía de orixe renovable e a prezo accesible na túa casa, namentres participas na transformación de España nun lugar sostible e ambientalmente respectuoso para vivir.
Non che requirirá
trocos no xeito de recibir a electricidade na casa . Som Energía
encargarase dos requisitos administrativos necesarios para garantir que a
enerxía recibida provén dunha fonte renovable.
Porque ser socio/a de Som Energia?
1. Porque todo o mundo pode participar e ter acceso á enerxía de orixe renovable.
2. Porque podes investir directamente en proxectos renovables para desenvolver unha economía sostible.
3. Porque es copropietario/a e todos os membros teñen igual voto coa única achega reembolsable de tan só 100€.
4. Para gañar independencia das grandes compañías enerxéticas.
5. Para gozar dun mellor servizo, con información veraz e cun trato persoal.
6. Porque é un modelo de negocio óptimo ao ser:

- sen gastos en publicidade
- sen grandes soldos a directivos
- con oficinas modestas e eficientes
- cunha xestión e comunicación vía web
7. Para crear un movemento social a favor das renovables e a participación cidadá.
8. Porque non son só palabras, con Som Energia pasas á acción facendo un consumo responsable e facendo investimentos directos para xerar boa enerxía.
8. Porque non son só palabras, con Som Energia pasas á acción facendo un consumo responsable e facendo investimentos directos para xerar boa enerxía.
Como podo participar?
- O primeiro paso é facerse socio de Som Energía: inscribíndote e facendo un depósito de 100€ (reembolsable se decides abandonar a cooperativa). Isto pódese facer en FAITE SOCIO.
- Os socios terán dereito a mercar enerxía de orixe exclusivamente renovable xerada a partir de fontes existentes en setembro de 2011. Esta enerxía verde ofrécese cos mesmos prezos que a electricidade "sucia" (Tarifa de último recurso). Para contratar a luz con Som Energia por favor completar este formulario.
- Mentres desenvolveremos os nosos propios proxectos. Algúns destes poderían facerse rapidamente (como pequenas instalacións de enerxía fotovoltaica). Outros (como muíños eólicos) levarán varios anos poñela en marcha.
- Os socios teñen a oportunidade de participaren no financiamento destes proxectos de investimento, obtendo unha rendibilidade esperada do 4 ao 7%." (Som Energía)
No hay comentarios:
Publicar un comentario