(traductor gallego-español)
"O curso de chinés en liña Chinesecom.eu, impulsado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta, confirmou o seu éxito ao ser unha das webs deste tipo máis visitadas do mundo, con máis de 23.600 dende novembro de 2009, e figurar entre as catro máis valoradas polo principal buscador da rede a nivel internacional.
Ademais, é o único curso de chinés que existe en Europa que conta con tradución a unha lingua minoritaria, neste caso o galego. O proxecto Chinesecom desenvolveuse dentro do marco do programa europeo Lifelong Learning, no que participaron socios de seis estados europeos e mais a Universidade de Pequín. O seu éxito debeuse, entre outros motivos, polo seu carácter innovador e polos recursos multimedia dos que dispón.
Tamén foi decisivo o esforzo realizado para a difusión internacional do curso. O proxecto ten dez unidades de aprendizaxe e información cultural e xeral sobre China. Dispón de traducións en seis idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán e italiano, o que tamén contribuíu ao seu éxito, debido a que a meirande parte dos cursos da lingua asiática só están en inglés.
O programa concibiuse para mellorar a competitividade das empresas europeas na China, promovendo a adquisición de competencias en mandarín e comprendendo a cultura do país. Mais tamén permite a formación da mocidade en lingua chinesa, como medio para lograr unha "inserción laboral privilexiada".
A pesar da súa curta traxectoria, o curso xa está a ser utilizado como material didáctico en universidades como a de Manchester ou Antuerpen e en varias delegacións do Instituto Confucio." (Vieiros, 09/03/2020)
No hay comentarios:
Publicar un comentario