"Castelao volve a vida. O escritor, político, debuxante e médico de Rianxo tomou forma humana nunha ambiciosa e interesante exposición do Consello da Cultura Galega.
“Alba de Gloria” é o
nome desta mostra que é máis que un conxunto de documentos. É unha
experiencia sensorial. Non ten paneis explicativos senon infografías
interactivas e realidade virtual para coñecer a faciana dun Castelao
descoñecido. As tecnoloxías do século XXI postas a disposición dun
teórico e dun pensador do século XX.
Esta exposición, que se inaugura o vindeiro mércores, suporá unha viaxe sensorial a través das ideas, das figuras e do relato da historia de Galicia narrado polo propio Castelao.
Como volveu a vida Castelao?
O comisario da mostra, Manuel Gago, construíu un
interesante modelo tridimensional do pensador rianxeiro a partir de toda
a documentación gráfica, audiovisual e plástica dispoñible ata o
momento. Unha viaxe ao mundo da realidade virtual que parte da realidade
documental e física. Porque os visitantes da exposición poderán ollar, e
case tocar a un Castelao que se move e que fala diante deles.
E nesa reconstrución virtual da historia de Galicia, o político e pensador galeguista non estará só. Acompañarano nesa viaxe os principais facedores deste país:
o emperador Teodosio e San Dámaso; Pedro Madruga co puñal da traizón
espetado nas costas; O mestre Mateo co Apocalipse debaixo do brazo
encabezando unha grea de arquitectos e imaxineiros; xograres e
trobadores coma Airas Nunes, Meendiño, Xohán Aireas, Martín Codax ou
Macías; Concepción Arenal; Emilia Pardo Bazán; Pondal; Xelmírez e os
tres Fonsecas; Sarmiento de Gamboa; Paulo Orosio; Nicomedes Pastor Díaz;
Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro ou Lamas.
Todos eles estarán
nesa Santa Compaña que é o mundo irreal –e máis real que nunca– que é
Galicia." (Historia de Galicia, 04/11/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario