29/1/10

Como enseñar a escribir novelas, premiando sólo el esquema, para que se termine bajo la tutela de un escritor renombrado... en un pazo, en un mes

(traductor gallego-español)

"A literatura está de festa esta semana. Non é para menos. Pasa cada vez que un autor novo deixa a súa primeira colleita nos andeis das librarías. Nesas anda Pablo García Martínez (Arzúa, 1985), último gañador do Premio Biblos para autores menores de 25 anos. (...)

-Como se sente un cando con 23 anos gaña o Biblos, e con apenas 24 ten a súa primeira novela nos andeis de todas as librarías do país?

-Tampouco tiña feita unha reflexión concreta. Algo de inseguridade sempre existe. Eu fago apoloxía da inseguridade como contrapunto do conformismo. Descubrín que escribir é un exercicio de liberación. Estou contento pero coa incertidume de como vai ser recibido.

-Na entrega do premio (en xullo pasado) fixeches fincapé na necesidade de premios coma este...

-O premio Biblos vai abaixo, a onde está a xente que quere aprender e mellorar. É un traballo máis escuro ca o do resto dos premios, que ofrece ferramentas á xente que está empezando. A min axudoume a enfrontarme aos problemas da creación.

-Falando de problemas de creación, que foi o máis complicado á hora de levar a bo porto esta primeira novela?

-Aquelo de "mi cárcel y mi libertad", do tema Corazón de Neón da orquestra Mondragón, ilustra ben o que preguntas (Ri). Por un lado danche todas as facilidades pero tamén había uns límites e tiñas que moverte neles. Co titor fun pulindo a obra. Ás veces escribes cousas que che pide o corpo pero non a historia. E aí hai unha pugna. Procurei racionalizar e buscar un camiño intermedio para escoitar os consellos e manter tamén a voz propia.

-Tiveches un titor de luxo (Manuel Rivas), como é a relación entre un escritor novel e un autor consagrado?

-Unha das grandes motivacións á hora de presentarme ao concurso foi que el estivese de titor. Ao principio sentín algo de reparo porque é un escritor que admiro moito. Estivemos falando e el tiña as ideas moi claras. O seu punto de vista foi importantísimo. Díxome cousas que eu pensaba: “como non se me ocorreu antes”?

-Relato dun estalido xordo ten un escenario principal que é Amoar de Taramullos, unha especie de trasunto de calquera vila pequena de Galiza...

-A historia escribiuse soa. E despois quen lle deu coa fusta foi o Biblos (Ri). Concordo con Hugo Pratt (o autor de Corto Maltés). El di que todo o que fai é relatar cousas que lle contaron, que viviu ou que lembra o seu maxín. Situei a historia en lugares que puidese evocar e para min iso é o mundo rural galego.

-A novela retrata unha xeración de mozos que viven na cabeceira dunha comarca rural onde se mestura o mundo máis tradicional co máis globalizado. O bruar das vacas pódese escoitar nun agro a escasos metros do centro é a mesma vez a música, os medios de comunicación son os de calquera urbe...

-En boa medida eu quería escribir sobre esa realidade. Hoxe o entorno do que eu son ten acceso á maioría das tecnoloxías que manexa calquera rapaz da cidade pero, ao mesmo tempo, vemos en primeira fila o asasinato do agro." (Vieiros, 28/01/2010)

BASES DO VI PREMIO DE NOVELA
BIBLOS-PAZOS DE GALICIA


2. Os/as autores/as deberán presentar unha memoria de entre 30 e 40 folios na que incluirán:

a) Unha exposición precisa das características que terá a futura novela, aportando a maior información posible sobre o argumento (trama, época e lugar en que se desenvolve a acción, personaxes, etcétera) e as técnicas narrativas que prevé utilizar.

b) Un capítulo ou fragmento que permita valorar o estilo do autor/a. O/a gañador/a terá liberdade no seu caso para intruducir as modificacións que estime oportunas no proxecto e no texto de mostra e adaptalos ás esixencias da novela no seu desenvolvemento, así como aos consellos que reciba do escritor titor. (...)

5. O premio conlevará:

b) A estancia dun mes, incluída a manutención, nun dos establecementos de Pazos de Galicia, nun lugar singular que reúna as condicións necesarias para que, se o escritor/a o desexa, desenvolva a última fase do seu proxecto.

c) Un ordenador portátil que, unha vez concluída a obra, quedará da súa propiedade.

d) A tutela dun escritor de renome, designado por Biblos coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que asesorará ao gañador/a en xuntanzas periódicas durante ese mes.

e) A publicación do libro en galego na colección Mandaio de Biblos nas mesmas condicións que os autores precedentes, coa percepción dos correspondentes dereitos de autor.

f) A tradución da novela ao castelán de cara a unha edición destinada aos clientes non galegos de Pazos de Galicia. Neste caso, o premio considérase un anticipo dos dereitos de autor da primeira edición.

No hay comentarios: