20/2/10

5 proyectos emprendedores en Santiago

(traductor gallego-español)

"As persoas emprendedoras do país teñen futuro ou, cando menos, imaxinación para atopar novas vías de negocio. Así o demostran os cinco traballos premiados no X Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela. (...)

Vanesa Sáez Iglesias, da Facultade de Ciencias da Comunicación, propuxo a "terapia do canguro", que consiste nunha web dirixida a doentes de cancro, leucemia e linfoma, que os manteña en contacto entre si e con investigadores e especialistas. A proposta pretende describir as distintas fases da doenza, tratamentos, porcentaxe de éxito na curación e contar con seccións como axuda psicolóxica ou un videoblog sobre imaxe persoal.

O seguinte proxecto escollido é de Arturo Casas Vales, de Filoloxía, que ideou aplicar os sistemas de información xeográfica (SIX) ao estudo e á análise da produción artística e literaria, constituíndo unha plataforma empresarial que comercialice aplicacións deste tipo, con especial atención á ficción. Así, o SIX permitiría visualizar o espazo narrativo dun relato e analizar a distribución da acción ou os itinerarios dos personaxes.

Selene Hayde Mora Peña, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais propuxo ofrecer un servizo de recolección de cabelo humano de salóns de peiteado para reciclalo como compost ou fibras. Sería unha idea nunha área de mercado sen competencia na actualidade. Outra das ideas, Baby Hertz, propón deseñar un mecanismo que axude as persoas con discapacidade auditiva a atender o seu bebé durante a noite.

A quinta idea empresarial distinguida é o Termotáper, de Natividad Almeira Gómez, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. Trataríase de comercializar un envase para alimentos que se quente sen telo que introducir no microondas, mediante un proceso semellante aos cafés que se quecen instantaneamente. Este envase sería reutilizábel." (Vieiros, 20/02/2010)

No hay comentarios: